Reais academias

A Real Academia da lingua castelá ven de modificar ou incluir no seu diccionario oficial unha serie de palabras novas. Seguro que escoitáchedes o de “amigovio” estes días na prensa, mesmo se nunca antes escoitárades esta verba. Esto de que unha institución decida qué palabras existen ou non, ou que teña a potestade de decidir sobre cal é a correcta, non deixa de ser un pouco estrafalario. Ter unha institución que, ou ben vai por detrás do uso cotiá do idioma e, polo tanto, non sirve máis que de notario da evidencia coñecida por todos ou por unha maioría; ou ben para certificar que determinadas palabras ou normas van ser aceptadas no olimpo da “normalidade” e, cando menos, desacougante.

Supoño que estas cousas están ben porque xa se sabe que en España todo o mundo leva un sabio dentro, incapaz de recoñecer que están equivocados por meterlle ou non til a “guión” ou maiúscula ou minúscula detrás dos dous puntos. Porque o gusto dos españois non está en ter razón, senón en ser capaz de demostrar que o veciño está equivocado, o que é máis conflitivo aínda. Polo tanto, necesitamos un comité de sabios recoñecidos que nos guíen no medio destas polémicas. Sobre todo porque canto máis banais son, máis intensidade soen acadar. Ademáis, todos necesitamos unha institución pública na que meter a un colega que está en horas económicas baixas, ainda que o seu único mérito sexa facer viñetas para o Abc, ou para pagarlle un pastizal por facer unha tirada de ladrillos de papel cos que construir o castelo da sabedoría.

Pero que esta política se repita en Galiza non deixa de ser chocante. Un pensaba que os intelectuais galegos se sentían certamente rebaixados en comparación cos seus colegas españois. A ausencia total de recoñecemento por parte das institucións e dos seus cartos, a excepción, claro, dos amigos do Fraga crepuscular que gobernou Galiza os seus últimos anos, convertía ao intelectual galego nunha sorte de guerrilleiro romántico, que pasaba os seus días entre a biblioteca da Universidade e o Eligio.

De feito a Real Academia Galega non pasaba de ser unha especie de club de xubilados onde os seus membros se escangallaban para evitar que os vellos manuscritos das doses diarias das pastillas de Fernández del Riego foran devorados polo mofo. De cando en vez cambiaban o “v” de “avogado” por un “b” e así amortizaban cara ó público as sonecas da rúa Tabernas. A cousa mantiña o seu status quo de paz cristiá con cada un na súa casa ata que, quén sabe seguindo qué tipo indicacións moscovitas, Méndez Ferrín chegou á súa presidencia. E a polémica chegou sobre se sería máis barato ir a Santiago en taxi ou nos Audis que Feijoo deixa apodrecer nos garaxes da Xunta tras ser mercados polo mencionado Fraga. E no medio disto o galego ou o castelán seguen a sufrilas consecuencias de estar limitados por unha academia e todo o que isto supón para o seu desenvolvemento natural. E no medio un presidente desorientado, ao que sacan da súa vida e da súa obra memorables para metelo nun fregado onde nada que valla pena se perdeu. Uns académicos que deciden que existiu un galeguismo de dereitas que merece ser rescatado e un tellado que ainda nin sabemos se está arranxado ou non. E pouco máis fóra do traballo de Ferrín, que é un señor que escribe libros e que ensina. Quer dicir, un acádemico.

Anuncios

Etiquetas: , , , , ,

About Trymar

Editando e sobrevivindo dende o ano 2000

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: