Encontros en negro

Onte ás 19:00 horas no Instituto de Educación Secundaria Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra celebrouse unha mesa redonda coa presenza de Dolores Redondo, Domingo Villar e Pedro Feijoo, moderada polo periodista Ramón Rozas e baixo o título de “Encontros en negro“. Este acto estivo organizado por Pedro Iturburua, docente dos que gustan do seu traballo máis alá do seu deber.

Estes tres autores, ademáis do xénero literario, comparten xeneración, posto que naceron entre o 1969 e 1975, o que os marca para compartir métodos de traballo e perspectivas literarias comúns. Todos eles pensan que os xéneros son meras etiquetas para libreiros, a pesar de que fan énfase no caracter lúdico e de material de entretenemento da súas obras. Todos eles destacaron a capacidade de mestizaxe da novela negra e o seu caracter de ferramenta máis que de xénero.

En calquera caso, é curioso que a única que falou de ir máis alá da necesidade da paixón no acto de escribir, para concluir na plasmación das súas emocións individuais, foi Dolores Redondo, que entende a literatura como unha plasmación dos medos e sentimentos do autor. Mesmo Feijoo chegou a afirmar que non se considera un “autor de xénero” máis alá do xénero de entretenemento, posto que os seus referentes van maís alá da literatura academicista, abranguendo cine, televisión, etc.

Villar lembrou unha reflexión de Suso de Toro respecto o sentido do xénero literario detectivesco como a adaptación do século XX do xénero épico e de aventuras. Lembrou o caracter liberador da literatura como un xeito de darlle orde ó caos social da realidade, como un medio de alivio da tensión social.

Estas reflexións respecto a propia obra derivaron nos métodos de traballo. Villar é o único dos tres que recoñeceu que gustaba da sorpresa ó escribir, non coñecendo todos os aspectos da trama e deixándose levar por ela. Tanto Feijoo como Redondo indicaron que antes de sentar a escribir teñen o argumento e personaxes perfectamente trazados. Feijoo utiliza unha corcheira con planos de traballos, aspectos no que coincidiu con Villar, mentras que Redondo indicou que gustaba de comentar a trama coas súas personas cercanas, para certificar a credibilidade e consistencia da historia.

É curioso como todos consideraban esto unha tensión pracenteira entre a necesidade da paixón pola historia que están a escribir, chegando a aborrecer mesmo a realización doutros traballos que interrompían o proceso (Villar referenciou algo curioso, e foi os inconvintes da cotidianeidade como obstáculo da concentración necesaria da escritura), e a búsqueda de coherencia interna das historias que están narrando. Para isto contrastan tanto o estilo literario, no que buscan a musicalidade, como a afouteza interna da historia. Para isto van dende as prelecturas ou lecturas a persoas de confianza ata a utilización de tecnoloxías de lectura automática, como é o caso de Redondo.

Neste aspecto comentaron que a paisaxe, tan relevante na obra dos tres autores, é unha ferramenta para acrecentar esta afouteza interna da historia, á que renden mesmo a simpatía ou os intereses do lector. Feijoo sinalou que, coa intención de entreter, o coñecemento da paisaxe é un elemento central como referente común. Mesmo os nomes dos personaxes nos seus libros son indicios que lle serven para atraer ós lectores á lectura do libro. Villar, pola súa condición de “exiliado” en Madrid sinalou que a el a paisaxe lle serve como referente nostálxico.

En xeral foi unha reunión moi amena, e divertida por momentos, gozando os tres autores dun sentido do humor excelente, fixeron bromas entre eles e co público, que participou abertamente no debate. Pola nosa parte disfrutamos do encontro. Poucas cousas gústalle máis a un escritor que falar de si mesmo, pero neste caso os tres coñecían e aceptaron esta extravagancia como unha parte inevitable do solitario proceso creativo, polo que podían rir, e facer rir, reflexionando sobre o seu traballo, o que non é nada común. Hai que agradecer ó instituto e ós organizadores deste evento esta oportunidade e esperar que non sexa a última.

encontros+defini

Anuncios

Etiquetas: , , , , ,

About Trymar

Editando e sobrevivindo dende o ano 2000

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: