V de vendetta e 120 días de Sodoma

¿Qué parecido poden ter estas dúas obras? Unha é un comic escrito nos anos oitenta por un inglés aspirante a bruxo onde realiza unha defensa do anarquismo como única saída real do fascismo. A outra é un compendio de malvadades e atrocidades sexuais escrita por un noble francés perseguido polos seus escándalos. Pero curiosamente Alan Moore, o místico autor de V de vendetta, puido terse inspirado na historia real do manuscrito dos 120 días de Sodoma.

O paralelismo aparece cando a protagonista da historia do comic atopa un manuscrito mentras está recluída. O manuscrito está composto por rolos de papel hixiénico unidos entre si e escritos en letra diminuta por unha lesbiana e anterior habitante da súa mesma cela, coa intención de inspirar e transmitir a súa biografía ó seguinte prisioneiro que chegase ata alí. O ambiente no que foi escrito este manuscrito é unha dictadura fascista que interna e executa a comunistas, homosexuais, xudeus, etc. E a historia é un canto á libertade, á liberación persoal e o amor universal coa frescura e cercanía propias de Alan Moore.

Pero máis de douscentos anos antes, entre o 20 de outubro e 28 de novembro de 1875, outro prisioneiro a causa da súa sexualidade escribía noutros rolos a súa propia historia, na que imaxinou un mundo ideal onde o que el cría que é a orde natural se impón. O seu autor ocultou igualmente o seu manuscrito para que no fose atopado polos seus carceleiros, pero el, ó contrario que o personaxe do inglés, non o logrou. Cando foi trasladado sen previo aviso ó manicomio de Charenton, non lle permitiron recollelo e deuno por perdido ata que foi atopado a principios do século XX polo doutor Iwan Bloch, un dos máis importantes sexólogos e defensor da abolición da criminalización das relacións homosexuais.

Igual que a lesbiana, o marqués de Sade tampouco aceptou o seu destino, e loitou contra el con todos os seus medios. A realidade nunca é tan fermosa como a literatura, e un dos medios de loita de Sade foi utilizar o tubo por onde caían as súas feces como altofalante. O ano pasado a Biblioteca Nacional de Francia pagou cinco millóns de euros por este manuscrito de once centímetros de ancho onde o marqués de Sade expresou os seus pulos e desexos máis ocultos.

portada sodoma1 portada sodoma2

Anuncios

Etiquetas: , , , ,

About Trymar

Editando e sobrevivindo dende o ano 2000

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: