Aniversario do Marqués de Sade

Tal día como hoxe de hai 275 anos nace Donatien Alphonse-François, o Marqués de Sade, no Hôtel de Condé, residencia pertencente ós Príncipes de Condé, rama menor dos Borbóns. Corenta anos despois este pazo será derrubado e construído no seu lugar o Teatro de Odeón, un dos máis importantes de París e que actualmente segue en funcionamento.

A súa nai estaba emparentada cos mesmos Borbóns que hoxe reinan en España e o seu pai pertencía a unha das familias máis senlleiras da Provenza francesa. Vese que o cura que o bautizou equivocouse e cambioulle o previsto Aldonse polo definitivo Alphonse. A igrexa onde foi bautizado, a igrexa de San Sulpicio, é coñecida por ter no seu interior un sistema para calcular con exactitude os equinocios. Esta utilidade científica, que foi utilizada para determinar exactamente a data da Pascua, valeulle non ser destruída durante a Revolución Francesa.

Todas as circunstancias ó redor dos primeiros anos da súa vida eran as apropiadas para un neno querido da máis alta nobreza francesa do reinado de Luis XV. O rei francés herdou a coroa do seu avó con só catro anos, tendo como rexente ó duque de Orleans, famoso polas súas festas e orxías, intrigas e asasinatos na corte. Cando nace o Marqués de Sade o rei xa ten corenta anos e acaba de morrer o seu ministro, o cardenal André de Fleury, que mantiña baixo control ás amantes e tendencias luxuriosas do rei.

Curiosamente, tamén, ós catro anos, a nai do neno Alphonse decide acompañar ó seu marido as súas viaxes e envía ó seu fillo ó coidado do irmán do seu pai, Jacques François Paul Aldonce de Sade, abade de Saint-Léger d’Ebreuil. Este deixa ó neno baixo o coidado de Jacques Francois Amblet, un monxe que vai acompañar ó marqués de Sade durante case toda a súa vida, chegando a ler e comentar moitas das súas obras e sendo probablemente a influencia literaria máis importante que tivo o Marqués.

ilustraciones-justine-marques-de-sade1Era habitual atopar obras luxuriosas naquel tempo nos escaparates das librerías parisinas.

Anuncios

Etiquetas: , , , , ,

About Trymar

Editando e sobrevivindo dende o ano 2000

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: