Neira Vilas

A cultura galega ten unha característica que a minoriza gravemente, a súa iconización. Fóra de valorar os poderosos contidos dos que se gabar, temos os galegos a tendencia a quedar coas crúas postais de Castelao antes que coas súas cruces de pedra, de ler a Rosalía co ritmo de Amancio Prada e  non co seu, de idealizar a aldea de Balbino cando estas memorias pretenden todo o contrario.

Estes días que morreu Neira Vilas vivimos un curioso fenómeno, no que as primeiras verbas das memorias de Balbino son repetidas ata o arrepío, como se dun lugar da Mancha se tratara. Neira Vilas morreu vello e cunha obra feliz que será coñecida cando o brillo das memorias do neno labrego pousen un pouco. Mentras tanto temos que este libro, reinvindicatvo máis que revolucionario, é posto de exemplo entre os Manolitos, como se fose unha historia pasada, sen rancores, do que eran antes as cousas. O icono da aldea como lugar idílico, onde o traballo honrado dos balbinos nos converteron a todos en manolitos.

O agro como paraíso onde non hai revolución, senón emigración, como orixe natural dunha Galiza que xa non move os seus muíños con esta auga máis que na lembranza da nenez. As memorias de Balbino como exercicio de san nostalxia e a cultura como elemento homoxeneizador de masas e  non como motor de cambio. Este Balbino non mola.

culture

Anuncios

Etiquetas: , , , ,

About Trymar

Editando e sobrevivindo dende o ano 2000

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: