Irmás Cartoné

Confeso que tiña ganas de ler algo editado polas Irmás Cartoné dende que escoitei falar delas á miña amiga Montse Gálvez. A estraña relación entre os editores e a blogueira descoñézoo e, como non son curioso, tampoco o preguntei nunca. O caso é que, nunha desas inoportunas ocasións nas que me vexo obrigado a entrar nunha librería, neste caso Versus, non puiden vencela tentación. Logo pensei que probablemente sería todo o froito dunha conxura. Non é normal que eu entre nunha librería chea de edicións tan bonitas e coidadas en pleno proceso de desintoxicación da miña dependencia de libros bonitos, nin que os das Irmás Cartoné estean pegadiños á caixa, como os caramelos e os donuts, tentando ós obesos irredentos e os lectores caprichosos que non poden evitar propinarse de cando en vez un agasallo por aturar unha existencia tan baleira de sentido ou o disgusto de perdelo seu boli favorito, que todo vale.

O caso é que acabei co Triunfo do ovo nas mans. Escollín este por ser dun autor que descoñecía totalmente, Sherwood Anderson. Tiña diante a Virginia Wolf, Nathanael West ou Edith Wharton, os canallas de Cartoné teñen bo gusto, pero eu precisaba dunha escusa sesuda para aumentala miña torre de  libros pendentes.

A edición gustoume, lembroume a Historias e recetas para Rosiña, o papel da capa, o interior cor oso, o traballo coidadoso que se deixa ver según o lector avanza, a presenza de elementos visuais, como a cizalla xunto á mención ó prelo, a maquetación que tenta alixeirar unha lectura que agocha suxerencias e alusións veladas ou chocantes (ou iso pareceume Anderson) fan da edición das Irmás Cartoné unha experiencia agradable, que deixa unha sensación de ter estado nun lugar agradable, mesmo cando le un libro tan desacougante como o que eu lin. Repetirei, pero o próximo será de Edith Wharton, Anderson require dunha dixestión pausada.

logo-web-negro

O logo é chuliño, non tanto como o noso, pero non está mal.
Anuncios

Etiquetas: , , , , , , , ,

About Trymar

Editando e sobrevivindo dende o ano 2000

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: