Archivo | Premios RSS for this section

Rosalíadependencia

Recollo o termo da prensa deportiva, para evitar as confusións. Isto non é unha análise de moita miola, como os de Suso de Toro. Non pretendemos ir máis alá da evidencia. E os feitos están aí, ainda que os galegos non os queramos ver. Moito criticar ós anciáns que en lugar de ler a Heideger perderon os mellores anos sachando, pero os que si leron a Heideger non son moito mellores, se é que os houber.

O eido cultural galego sofre dunha “rosalíadependencia” igualiña que a dos nosos anciáns polos seus caciques ou a do Barcelona C.F. por Messi. Non podemos deixar á señora tranquila, ainda non emancipamos da nai das letras galegas, seguimos vivindo na casa materna, agochados á espera de que veña algo mellor que nos permita, polo menos, so comer dos seus táperes e non dos seus tetos.

Xa non é que celebremos os seus aniversarios cunha ansiedade que nos achega perigosamente á confesión de culpabilidade. Morte, nacemento, publicación das obras, todos os eventos da vida de Rosalía son lembrados ciclicamente con obsesión por todos os galegos. Tal día como hoxe leu un discurso na voda dos veciños onde lembrou á súa tía. E pasou o 75 aniversario do seu primeiro bico furtivo e alguén na prensa escribe para cominar ás galegas e galegos a que imitemos tal acto de amor e inocencia.

Disimulamos como podemos e dicimos que é broma todo cando poñemos as camisolas do Rei Centolo ou unha chapa señera, pero é que, en canto nos despistamos, aí hai unha exposición das súas pegadas inmortais, por  non lembrar o número de certames que levan o seu nome. Non podemos evitar tremer  ó imaxinar ós politicos ou os escritores galegos a pensar no título do seu premio. Ou que, pase o pase, os galegos lembramos a Rosalía dicindo “ai, se levantara a cabeza, co sabia que era ela“. Ou que ata cando pensamos nas poderosas figuras intelectuais, políticas ou literarias da Galicia exterior, de Arxentina ata México, non podemos evitar metala a ela tamén, que Rosalía pega con todo. Pola “potencia da súa figura” sexa o que for.

Dende aquí fago un chamamento. Ou ben comezamos coa celebración do “Ano sen Rosalía de Castro” ó xeito de desintoxicación, ou lle pagamos entre todos unha subvención a Pedro Vera para que nos faga un rancio facts de Rosalía.

Pero, mentres tanto, non esquezades pasar por aquí.

galician_songs.jpg

Anuncios

Premios e feiras

Cando vai acabando o ano chegan os premios e feiras culturais. Para empezar a Feira por excelencia, o Culturgal. Xa hai programa definitivo e nós repetímolo, sen moito convencemento, pero coa satisfación do deber cumprido. Non seremos nós quen de desaconsellar que se visite esta feira, pero, para facelo coa conciencia tranquila, o noso consello é para aqueles que teñan pensado ir o venres ou o sábado ou o domingo pola mañá, cando ainda se poida andar facendo uso dos brazos, detalle que ós bípedos soemos esquecer ata que temos problemas para exercelo, como tantas outras cousas.

E unha vez dado o recado, pasamos a destacar que os premios dos editores galegos (a Noite da Edición), dos escritores (Gala das Letras) e libreiros (Irmandade do Libro) pasan a ser todos un (Gala do Libro Galego). Eu lamento que se perda un evento cun nome de tanto glamour como “Noite da Edición”, que neste aspecto dáballe cen voltas ós outros, todo hai que dicilo. Pero benvido sexa o que veña, se é para ben.

O feito de que o único que una a estes tres gremios sexa o caracter mercantil do libro non é un bo comenzo, dende logo. As categorías (ensaio, narrativa, infantil e xuvenil, libro ilustrado, iniciativa bibliográfica, tradución, poesía, teatro, iniciativa cultural ou fomento da lectura, proxecto literario na rede, xornalismo cultural, escritor galego universal e premio honorífico á libraría e á editora) son as lóxicas agás o feito de que á librería e á editorial sexan “honoríficos”. Supoñemos que isto terá a súa lóxica, e que probablemente preferiremos non coñecela.

En calquera caso, os nosos azos a esta senlleira iniciativa dun campo económico que non anda nos seus mellores tempos. Esperemos que dure máis anos que a crise.

I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica

Antón Risco foi fillo de Vicente Risco. Non tan coñecido como o seu pai, pero autor dunha extensa obra relacionada coa literatura fantástica e, sen dúbida, menos recoñecido do que a súa obra merece, leva o nome deste primeiro evento literario organizado pola Fundación Vicente Risco, a editorial Urco, a imprenta Sacauntos, a libraría Aira das Letras, a libraría Traga-mundos, a pastelería Fina Rei e o restaurante Pingallo.

Como non podía ser doutro xeito, levando o nome de Antón Risco, e estando organizado pola editorial Urco, o motivo do concurso é a literatura fantástica, non sendo requisito para presentar a obra a pertenza ó xénero fantástico, posto que nas bases non se inclúe. Pensamos que é un acerto por parte da organización, posto que amplia o abano de posibilidades literarias, ó tempo que é evidente a simpatía da que van gozar as obras que se poidan incluir neste xénero.

Temos confesado moitas veces o noso gusto pola literatura de xénero, polos malpocados apelidos dos que renegan tantos autores, así que non podemos deixar de mirar con simpatía este novo premio, ó tempo que voltamos gabar ós organizadores, que se por algo salientan é pola súa aberta negativa á pertencer á calquera tribo intelectual que non leve o seu propio ADN sentimental.

bases_risco_mapadebitsGL

Fran Lorenzo

De Fran Lorenzo o que máis coñecemos é o seu magnífico blog, Un país en lata, que probablemente sexa o máis interesante que se mantén daquela blogosfera galega que tanto se empeña en non morrer. Tamén sabemos que é alto e periodista, o que non ten moita relación, polo menos aparentemente. Temos a teoría de que gracias a isto é quen de facerse coa distancia suficiente respecto das cousas das que fala para abordalas con distancia, humor e agarimo. Pero, como decimos, non hai nada confirmado entre esto último e a altura.

O que sí é seguro é que coa obra “Cabalos e lobos” ven de gañalo premio de novela longa Blanco Amor, que é o noso concurso literario favorito. É convocado anualmente por varios concellos galegos, que se rotan na súa organización e dotación, caendo desta vez a responsabilidade no de Redondela. A edición deste ano é a trinta e tres, co que o número tamén lle acae ven á edición. Que Fran Lorenzo escribe ben sábeo todo o mundo que o le e quen non o le e se fía de quen sí o fai tamén o sabe. Pouco hai que discutir disto, este é un dos casos nos que o autor é unha aposta segura, non só pola súa escritura, senon pola súa intelixencia, características que non sempre aparecen xuntas.

Illa soidade

O noso compañeiro editor, blogueiro e columnista Bragado ven de gañalo premio de xornalismo Fernández del Riego por unha columna aparecida no Faro de Vigo, Illa Soidade. Dáse a circunstancia que este premio é un dos primeiros eventos convocados por A Fundación xunto co Ámbito Cultural do Corte Inglés, xa que ata agora A Fundación era coñecida como Obra Social de Novacaixagalicia.

Os seguidores do blog de Brétemas xa coñeciamos a referencia que fixera Bragado hai un par de anos ao señor que habita o portal de Urzaiz ao que se refire o artigo premiado. Particularmente gustounos máis aquela primeira mención máis que nada porque non foi tan mainstream, polo que podemos observar. En calquera caso alegrámonos polo autor e polo señor que lle serviu de inspiración. Tamén alegrámonos por Luis Ventoso, que gañou o Julio Camba, premio paralelo ao Fernández del Riego pero en castelán, e por Proust, autor que inspirou o artigo de Ventoso e que é tan querido pola tendencia romántica do columnismo galego.

Premios Nacionais

Pode que fora para lle dar a Suso de Toro, pero o caso é que este ano os Premios Nacionais de Literatura e de Comic caeron en autores galegos. O primeiro foi para Manuel Álvarez Torneiro, pola súa obra Os ángulos da brasa. Poden atopar esta obra na Editorial Factoría K, liña da galega Kalandraka e que o ano pasado foi premiada polo Ministerio de Cultura pola súa labor cultural. A obra de Torneiro acumula varios premios, entre eles o da Crítica Española e o da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

O Premio Nacional de comic foi para Miguel Anxo Prado pola obra Ardalén, que se pode atopar en Norma Editorial en castelán e El Patito Editorial a versión en  galego. Miguel Anxo prado xa leva recollidos os máis importantes premios que un autor de comics pode recebir dende do Salóin Internacional de Angouleme ata o de Barcelona.