Tag Archive | Ana Castro

Trymar no Culturgal 2016

Finalmente onte ás 18:30 reunímonos Ana Castro Antonio, Eva del Pozo, Teresa Egerique e Gabriel Romero de Ávila no stand do Consello Galego de Cooperativas do Culturgal 2016.

E falamos, por suposto, que a iso iamos. Gabriel lembrou a figura de Emilio Salgari como modelo de creador prolífico e namorado do seu traballo, aventureiro e apaixonado. Teresa falou da importancia dos periodistas como interpretes da realidade e como expoñentes dun estilo literario e vital que vai máis alá do mero exercicio notarial. Eva, como os seus lectores coñecemos ben, amosou o seu gusto pola documentación e pola presentación amena e cercana destes datos enciclopédicos que manexa cunha soltura que precisa de moitas horas de esforzo. E Ana Castro fíxonos ver que a sistematización do esforzo non é nunca sinónimo de repetición ou de rutina, senon o eixe central de calquera exercicio creativo.

Compartimos experiencias, influencias e alicerces. E, q.e.d., dende o romanticismo literario máis clásico de Gabriel ata o academicismo máis técnico de Ana, dende a necesaria interpretación da actualidade de Teresa ata a búsqueda da obxectividade histórica de Eva, todos coincidiron en referentes e inquedanzas comúns.

O público que nos acompañou non so participou abertamente, senon que aportou puntos de vista que nos enriqueceron a todos e souberon poñernos no carreiro adecuado, lembrando que o resultado final de calquera traballo precisa dun público que o consuma.

Non podemos deixar de agradecer nesta crónica o imprescindible traballo de coordinación e organización realizado  no stand adicado, un ano máis, ó cooperativismo.

Coloquio sobre influencias creativas no proceso literario

O próximo día 4 de decembro nós tamén estaremos no Culturgal. Pero non como simples espectadores, deses que andan o domingo ás 18:30 apretados como sardiñas en lata entre os postos. Andaremos no stand do Consello de Cooperativas, como señores, falando sobre influencias literarias, o proceso creativo, a cooperación entre eidos culturais e creadores e todo o que nos dea a cabeza.

Podedes asistir non so para escoitar, se non que podedes participar, comentar e interrumpirnos canto queirades. Nós estaremos encantados de que participemos non so aqueles que nos fixeron o favor de asistir:

  • Eva del Pozo, escritora (Los fantasmas de El Pardo, La fantasma de Meirás).
  • Gabriel Romero de Ávila, escritor (La reina demonio del Río Isis, Nilidiam).
  • Teresa Egerique (concelleira no Concello de Vigo, Deputada Autonómica e coordinadora da Área de Cultura do Comité Executivo Autonómico do PP de Galicia).
  • Ana Castro Antonio (asesora de Innovación Pedagógica en la Universidad de La Salle, autora de diversas obras como “Desarrollo de Aptitudes Psicotécnicas” o “75 Años del Voto Femenino”).

Pretendemos, por medio dun coloquio aberto, descubrir as coincidencias entre os diferentes autores en canto ás influencias recebidas no momento de traballar nos seus respectivos eidos culturais. O peso que teñen o cinema, a televisión, Internet, o comic, etc. no proceso creativo e se este pode considerarse ben como un proceso cooperativo de intelixencias múltiples ou un proceso de enerxía creativa individual enxergado na tradición do autor romántico.

Os tres intervintes son da mesma xeneración pero de diferentes eidos (literatura histórica, literatura fantástica e novas tecnoloxías), polo que as súas aportacións e as súas influencias  ainda que de distintos campos terán alicerces semellantes. Ou non.

Cantos máis participemos, colaboremos e nos  divirtamos, moitísimo mellor. E, se algo sale mal, o responsable será Pablo Morell González, da Editorial Trymar.

hvkwjmn

Non sabemos porqué, nalgún momento, a alguen pareceulle boa idea incluir esta imaxe como imaxe oficial do evento.

Colaboración con Arnoia

A EDITORIAL TRYMAR ven de iniciar a súa colaboración coa distribuidora Arnoia. A EDITORIAL TRYMAR comeza a súa colaboración ofertando as obras do noso cociñeiro de referencia, Guillerme Lorenzo, de quen podedes atopar e adquirir a súa obra na súa páxina de referencia. Ademáis tamén ofertamos a obra Galegas ilustres para nenas do século XXI, de Ana Castro. Esta obra á unha recompilación de diferentes biografías de 23 mulleres galegas dende o século XIX ata a actualidade (2013).

Nas vindeiras semanas iremos engadindo títulos ao catálogo de Arnoia. Arnoia Distribución de Libros S.A. é o grupo empresarial galego dedicado á distribución de libros máis importnate do país. Creouse hai máis de vintecinco anos como empresa independente, cunha organización comercial e loxística centralizada na provincia de Pontevedra. A día de hoxe conta con máis de 6.000 clientes, repartidos pola Península Ibérica, Europa e América. Dispón do seu almacén central en PonteCaldelas, cunha superficie de máis de 7.000 m² e delegacións en Asturias, Castela e León e Cataluña. O número de empregados da compañía rolda as 100 persoas, e o seu fondo de distribución supera as 900 editoriais. Por outra banda, a base de datos da distribuidora é de aproximadamente 200.000 referencias.

ImaxeImaxeImaxe