Tag Archive | fondo de andel; Mark Twain; Franz Kafka; Curros Enríquez; Marqués de Sade; O peto dos clásicos;

Nova web

Por fin, estrenamos web. No mesmo enderezo de sempre, co catálogo actualizado e  máis intuitiva e accesible.

Coa información actualizada e cun formato máis atractivo visualmente.

Con posiblidade de pago por paypal para facilitar as transaccións.

www.trymar.com

Non esquezades visitala e enviarnolos vosos comentarios.

 

pagina_web

 

A EDITORIAL TRYMAR LANZA O CONCEPTO “FONDO DE ANDEL”

A editorial viguesa Trymar lanza dende o 1 de novembro o concepto literario “FONDO DE ANDEL“, por medio da colección O peto dos clásicos. O obxectivo principal deste novo concepto literario é facilitar aos lectores que están a descubrir ou revisar a autores da Literatura Universal o seu acceso en galego.

 

Os primeiros títulos son O divino sainete, de Curros Enríquez; O príncipe e o esmoleiro, de Mark Twain; América A muralla chinesa, de Franz Kafka. Para o próximo ano está prevista a saída en dous volumes de Os 120 días de Sodoma, e de Justine ou os infortunios da virtude, ambas do Marqués de Sade.

 

Os títulos desta nova colección terán un custe entre os 10 e os 13 euros, nun formato de peto (20×14 cms.) para facilitalo acceso dos clásicos da literatura en lingua galega, polo que se buscarán preferentemente autores e títulos que non teñan sido traducidos ata agora á nosa lingua.

ImagenImagenImagenImagen