Tag Archive | Francia

O mozo Sade

O pequeno Sade só tiña seis anos, dos que tan so os catro primeiros vivira coa súa nai e dous pechado nun mosteiro, baixo a tutela do abade Amblet, cando a súa nai decide abandonar ó seu pai e recluírse nun convento de París. O pai de Sade era o embaixador francés ante o príncipe de Colonia, o católico Clemente Augusto de Baviera, pertencente ós sete príncipes electores do rei alemán.

O tío abade do neno Sade era coñecido polos seus estudos sobre Petrarca e polo seus gustos sexuais descontrolados. De feito, anos máis tarde, sería detido nun prostíbulo acusado de escándalo. Ós dez anos o neno Sade abandona o mosteiro onde vivía, pero non a presenza de Amblet, o seu tutor, co que vivirá mentras estuda cos xesuítas en París, no liceo Louis-le-Grand, que ainda actualmente é unha das máis prestixiosas escolas de todo o mundo. Nesta época é un estudante mediocre, pero un voraz lector que xa escribe as súas primeiras obras, que son correxidas e comentadas por Amblet. Gustáballe principalmente a filosofía, e a historia, mentres que na escola ensínanlle esgrima, música, danza e todas as materias que debía coñecer un neno da máis alta nobreza francesa. Por suposto, os coñecementos que adquiría xunto a Amblet non se incluían na escola, onde si aprendeu alemán, italiano e provenzal. Gustáballe principalmente a pintura, e soia pasear polo Louvre, que xa estaba aberto ó público despois de que a familia real francesa o cambiara por Versalles.

Ós 14 anos entra nunha prestixiosa Academia militar que so admitía ós fillos das mellores familias. Alí ascende rapidamente na élite do exército frances chegando a segundo tenente no Reximento Real de Infantería. Ós 16 anos vai loitar na Guerra dos Sete Anos a Menorca, na toma de Mahón. Alí dirixe catro compañías e morren máis de catrocentos dos seus compatriotas, pero a súa heroica actuación valeulle gran prestixio e percorrer toda Europa e as frontes de Prusia e Constantinopla, acadando éxitos militares e chegar ó grao de capitán. Os seus méritos concordan co seu heroismo, pero non é feliz no exército, posto que considera que as envexas frean a súa carreira. A súa incapacidade de cortexar ós seus superiores ou de asistir ás reunións de camaradas contraponse coa súa tendencia á diversión desenfreada e a súa tendencia a desbaldir. O seu pai repréndelle varias veces, pero o mozo Sade conquire mater a súa simpatía por medio do seu tío, o abade.

Con 18 anos pode comprobar, xunto a todo París, os tormentos ós que é exposto Damiens, o home que tentou matar ó rei Louis XV cun coitelo envelenado. Despois de lle arrincar unha confesión con torturas, chegando o reo a tentar suicidarse cortándose os xenitais, torturárono publicamente con tenaces fervendo, despois arrincáronlle unha man con xofre e sobre a ferida verqueron cera, chumbo e aceite fervendo. Despois de varias horas, con cabalos tentaron desmembralo, non o conqueriron e tiveron que lle cortar os membros cun machado. Despois disto o seu corpo, ainda con vida, foi arroxado ó lume. Impresionoulle ó mozo Sade a capacidade do público de vitorear e animar ó verdugo Sanson e ós seus dazaseis asistentes nesta tarefa durante catro horas. É curioso que o fillo deste verdugo sería o executor do fillo do rei Louis XV, posto que o oficio pasaba de pais a fillos.

P1070216_Paris_IV_place_hotel_de_ville_patinoire_noel_rwk_zps6549ba38Actual praza Grève de París, onde executaron a Damiens hai máis de 250 anos. A brutalidade do acto abriu o debate sobre a tortura en toda Europa.

Anuncios

Aniversario do Marqués de Sade

Tal día como hoxe de hai 275 anos nace Donatien Alphonse-François, o Marqués de Sade, no Hôtel de Condé, residencia pertencente ós Príncipes de Condé, rama menor dos Borbóns. Corenta anos despois este pazo será derrubado e construído no seu lugar o Teatro de Odeón, un dos máis importantes de París e que actualmente segue en funcionamento.

A súa nai estaba emparentada cos mesmos Borbóns que hoxe reinan en España e o seu pai pertencía a unha das familias máis senlleiras da Provenza francesa. Vese que o cura que o bautizou equivocouse e cambioulle o previsto Aldonse polo definitivo Alphonse. A igrexa onde foi bautizado, a igrexa de San Sulpicio, é coñecida por ter no seu interior un sistema para calcular con exactitude os equinocios. Esta utilidade científica, que foi utilizada para determinar exactamente a data da Pascua, valeulle non ser destruída durante a Revolución Francesa.

Todas as circunstancias ó redor dos primeiros anos da súa vida eran as apropiadas para un neno querido da máis alta nobreza francesa do reinado de Luis XV. O rei francés herdou a coroa do seu avó con só catro anos, tendo como rexente ó duque de Orleans, famoso polas súas festas e orxías, intrigas e asasinatos na corte. Cando nace o Marqués de Sade o rei xa ten corenta anos e acaba de morrer o seu ministro, o cardenal André de Fleury, que mantiña baixo control ás amantes e tendencias luxuriosas do rei.

Curiosamente, tamén, ós catro anos, a nai do neno Alphonse decide acompañar ó seu marido as súas viaxes e envía ó seu fillo ó coidado do irmán do seu pai, Jacques François Paul Aldonce de Sade, abade de Saint-Léger d’Ebreuil. Este deixa ó neno baixo o coidado de Jacques Francois Amblet, un monxe que vai acompañar ó marqués de Sade durante case toda a súa vida, chegando a ler e comentar moitas das súas obras e sendo probablemente a influencia literaria máis importante que tivo o Marqués.

ilustraciones-justine-marques-de-sade1Era habitual atopar obras luxuriosas naquel tempo nos escaparates das librerías parisinas.