Tag Archive | Francisco Castro

O Culturgal

Esta fin de semana ven o Culturgal, como sempre, no Pazo de Congresos de Pontevedra e, como sempre, cita ineludible. Alí podes atopar aquel producto que o resto do ano é complicado de adquirir. Mesmo vaise proxectar A Esmorga, co que xa non terás que baixala do internet. Pouco podemos engadir a un cada vez máis apretado programa. Cada ano vanse sumando iniciativas, cada cal máis interesante que a anterior, ou polo menos iso parece, porque non somos moito destas cousas. Nós somos máis de pasear tranquilos e Culturgal non é para iso. Cada vez semella máis unha feira de gando ou un centro comercial ou Baiona nunha noite de verano. Vamos, que está petado de xente e como non vaias a tiro fixo a cousa non é moi doada de levar.

Certo que un pode ver a Xurxo Souto comentar a exposición sobre o Bravú, o que é un luxo dos gordos (e non é un comentario malicioso) ou escoitar unha charla de Francisco Castro, María Xosé Queizán e Manuel Núñez, unha mesa redonda cos creadores de Botafumeiro ou unha chea de presentacións de libros infantís ou discos. Pero mellor será informarse antes e ir ao que interesa. En caso contrario o noso consello é acudir preferentemente un día pola mañán e se é o sábado, mellor, que haberá menos xente aínda. E posto que xa estamos tirando consellos que os regalamos, non aproveiten para acudir aos espectáculos musicais, eses sempre están abarrotados. Nós este ano temos o firme propósito de tentar achegarnos ao bar, que as charlas e presentacións non soen estar moi cheas, pero ao bar nunca fomos quen de chegar .67283_162647657100869_100000669087859_360802_1807711_n

O corazón da branca de neve

Mañán 19 de novembro na Casa del Libro, en Velázquez Moreno, ás 20.00 horas Francisco Castro vai presentar o seu libro O corazón da Branca da neve. Ainda que a editorial non é a mási axeitada, a obra de Castro merece ser seguida, é un tipo ameno que conta boas historias dun xeito intelixente e tranquilo. Merece a pena pasar por alí e aguantar falar a Freixanes un rato por escoitalo a el.