Tag Archive | Hugin e Mugin

Pasaia Blues

O próximo venres día 7 vaise presentar na librería Cartabón de Vigo (r/. Urzaiz 1254) a novela Pasaia blues, de Harkaitz Cano e traducido ao galego por Isaac Xubín. Pasaia blues é unha novela negra ambientada nesta peculiar localidade vasca. Pasaia é unha prolongación industrializada de Donostia, chegando o caso de que comparten rúas, pero cunha entidade propia inegable. Desenvolveuse ao redor de dúas localidades situadas unha fronte á outra na ría de Pasaia e converteuse no terceiro porto máis importante de Euskadi cunha poboación eminentemente obreira e cun marcado sentimento de clase que lle levou mesmo a ser mirado con desconfianza polo nacionalismo vasco a principios de século, durante o seu crecemento inicial. A novela editouse por primeira vez en euskera no ano 1999 e xa foi traducida ao castelán e ao alemán.

Harkaitz Cano é un autor novo (na medida na que os autores son novos) cunha importante proxección, as súas obras están marcadas polo realismo e a violencia dosificada pero non adulterada e cun trasfondo político e social que le aportan vitalidade e proximidade á narración. Isaac Xubín ganou o ano 2012 o premio da Asociación Galega de Editores á mellor traducción polo seu traballo na obra Alén da fronteira. Sete poetas vascos.

Hugin e Mugin é unha editorial independente especializada na traducción ao galego.

Anuncios

Presentacións

O próximo día 21 de novembro, ás 20.00 horas, en Pontevedra, na inefable librería Paz de Pontevedra vaise presentar A irmandade da uva, de John Fante, o último libro da editora Hugin e Mugin de Alejandro Tobar. Se non coñecedes esta editorial, tedes unha boa ocasión este xoves. Alí poderedes coñecer o seu traballo e convertervos en suscritores das súas novidades, oito ao ano, de obras de autores estranxeiros traducidas ao galego.