Tag Archive | Marqués de Sade

Justine

Justine é unha das obras máis coñecida do Marqués do Sade. Foi escrita durante a súa estancia na Bastilla. Este cárcere so tiña oito presos nesa época e as condicións non eran tan malas como cabería imaxinar, posto que todos os presos pertencían á clase alta. Sade recibía regularmente visitas da súa muller e do seu escuro conselleiro, Amblet. Tiña unha biblioteca e podía escribir mesmo esta obra, que lle supuxo unha confirmación da súa reclusión. Considerouse que unha mente capaz de imaxinar estas atrocidades tiña que se manter pechada, ben no cárcere, ben no sanatorio mental de Charenton, onde remataron os seus días.

portada justine

A obra trata sobre duas irmáns, que sendo nenas perden ós seus pais e a súa fortuna, polo que deben empezar a buscarse a vida. Juliette faino sen complexos nin moral, e Justine tenta manter os principios relixiosos e morais en todo momento, o que acrecenta a súa desgracia. Como en todas as obras de Sade, a depravación dos actos sexuais compiten coa deparavación do autor imaxinando as situacións máis degradantes posibles. Xa non se trata de que a pobre Justine sufra toda clase de desgracias, é que canto máis piadosa se mostra, peores son as consecuencias da súa bondade.

É neste senso no que a obra de Sade aparece máis terrible. A incoherencia entre os valores éticos máis esenciais e os contradictorios resultados que calquera ser humano debera esperar deles é insoportable para o lector. O perigo do Marqués non son as escabrosas descricións sexuais, senón o contraste entre os valores morais que abanderan os seus mellores personaxes e a realidade na que se desenvolven. A loita contra a aprendizaxe moral, a vacuidade de todos os valores, xa non sociais, senon mesmo persoais, a inutilidade do esforzos individuais por ser mellor persoa ou pretender elevarse sobre o ambente fan desta obra unha desacougante narración sostida con mestría literaria e intelixencia creativa.

romina_justine

A súa adapatación ciematográfica correu a cargo do español Jess Franco en 1969, con Romina Power (a de Albano) como protagonista, Klaus Kinski como o Marqués, Jack Palance e Maria Rohm. E coa aparición do carismático Luís Ciges nun pequeno papel de criado e sen aparecer nos créditos.

ciges

Anuncios

O mozo Sade

O pequeno Sade só tiña seis anos, dos que tan so os catro primeiros vivira coa súa nai e dous pechado nun mosteiro, baixo a tutela do abade Amblet, cando a súa nai decide abandonar ó seu pai e recluírse nun convento de París. O pai de Sade era o embaixador francés ante o príncipe de Colonia, o católico Clemente Augusto de Baviera, pertencente ós sete príncipes electores do rei alemán.

O tío abade do neno Sade era coñecido polos seus estudos sobre Petrarca e polo seus gustos sexuais descontrolados. De feito, anos máis tarde, sería detido nun prostíbulo acusado de escándalo. Ós dez anos o neno Sade abandona o mosteiro onde vivía, pero non a presenza de Amblet, o seu tutor, co que vivirá mentras estuda cos xesuítas en París, no liceo Louis-le-Grand, que ainda actualmente é unha das máis prestixiosas escolas de todo o mundo. Nesta época é un estudante mediocre, pero un voraz lector que xa escribe as súas primeiras obras, que son correxidas e comentadas por Amblet. Gustáballe principalmente a filosofía, e a historia, mentres que na escola ensínanlle esgrima, música, danza e todas as materias que debía coñecer un neno da máis alta nobreza francesa. Por suposto, os coñecementos que adquiría xunto a Amblet non se incluían na escola, onde si aprendeu alemán, italiano e provenzal. Gustáballe principalmente a pintura, e soia pasear polo Louvre, que xa estaba aberto ó público despois de que a familia real francesa o cambiara por Versalles.

Ós 14 anos entra nunha prestixiosa Academia militar que so admitía ós fillos das mellores familias. Alí ascende rapidamente na élite do exército frances chegando a segundo tenente no Reximento Real de Infantería. Ós 16 anos vai loitar na Guerra dos Sete Anos a Menorca, na toma de Mahón. Alí dirixe catro compañías e morren máis de catrocentos dos seus compatriotas, pero a súa heroica actuación valeulle gran prestixio e percorrer toda Europa e as frontes de Prusia e Constantinopla, acadando éxitos militares e chegar ó grao de capitán. Os seus méritos concordan co seu heroismo, pero non é feliz no exército, posto que considera que as envexas frean a súa carreira. A súa incapacidade de cortexar ós seus superiores ou de asistir ás reunións de camaradas contraponse coa súa tendencia á diversión desenfreada e a súa tendencia a desbaldir. O seu pai repréndelle varias veces, pero o mozo Sade conquire mater a súa simpatía por medio do seu tío, o abade.

Con 18 anos pode comprobar, xunto a todo París, os tormentos ós que é exposto Damiens, o home que tentou matar ó rei Louis XV cun coitelo envelenado. Despois de lle arrincar unha confesión con torturas, chegando o reo a tentar suicidarse cortándose os xenitais, torturárono publicamente con tenaces fervendo, despois arrincáronlle unha man con xofre e sobre a ferida verqueron cera, chumbo e aceite fervendo. Despois de varias horas, con cabalos tentaron desmembralo, non o conqueriron e tiveron que lle cortar os membros cun machado. Despois disto o seu corpo, ainda con vida, foi arroxado ó lume. Impresionoulle ó mozo Sade a capacidade do público de vitorear e animar ó verdugo Sanson e ós seus dazaseis asistentes nesta tarefa durante catro horas. É curioso que o fillo deste verdugo sería o executor do fillo do rei Louis XV, posto que o oficio pasaba de pais a fillos.

P1070216_Paris_IV_place_hotel_de_ville_patinoire_noel_rwk_zps6549ba38Actual praza Grève de París, onde executaron a Damiens hai máis de 250 anos. A brutalidade do acto abriu o debate sobre a tortura en toda Europa.

Aniversario do Marqués de Sade

Tal día como hoxe de hai 275 anos nace Donatien Alphonse-François, o Marqués de Sade, no Hôtel de Condé, residencia pertencente ós Príncipes de Condé, rama menor dos Borbóns. Corenta anos despois este pazo será derrubado e construído no seu lugar o Teatro de Odeón, un dos máis importantes de París e que actualmente segue en funcionamento.

A súa nai estaba emparentada cos mesmos Borbóns que hoxe reinan en España e o seu pai pertencía a unha das familias máis senlleiras da Provenza francesa. Vese que o cura que o bautizou equivocouse e cambioulle o previsto Aldonse polo definitivo Alphonse. A igrexa onde foi bautizado, a igrexa de San Sulpicio, é coñecida por ter no seu interior un sistema para calcular con exactitude os equinocios. Esta utilidade científica, que foi utilizada para determinar exactamente a data da Pascua, valeulle non ser destruída durante a Revolución Francesa.

Todas as circunstancias ó redor dos primeiros anos da súa vida eran as apropiadas para un neno querido da máis alta nobreza francesa do reinado de Luis XV. O rei francés herdou a coroa do seu avó con só catro anos, tendo como rexente ó duque de Orleans, famoso polas súas festas e orxías, intrigas e asasinatos na corte. Cando nace o Marqués de Sade o rei xa ten corenta anos e acaba de morrer o seu ministro, o cardenal André de Fleury, que mantiña baixo control ás amantes e tendencias luxuriosas do rei.

Curiosamente, tamén, ós catro anos, a nai do neno Alphonse decide acompañar ó seu marido as súas viaxes e envía ó seu fillo ó coidado do irmán do seu pai, Jacques François Paul Aldonce de Sade, abade de Saint-Léger d’Ebreuil. Este deixa ó neno baixo o coidado de Jacques Francois Amblet, un monxe que vai acompañar ó marqués de Sade durante case toda a súa vida, chegando a ler e comentar moitas das súas obras e sendo probablemente a influencia literaria máis importante que tivo o Marqués.

ilustraciones-justine-marques-de-sade1Era habitual atopar obras luxuriosas naquel tempo nos escaparates das librerías parisinas.

V de vendetta e 120 días de Sodoma

¿Qué parecido poden ter estas dúas obras? Unha é un comic escrito nos anos oitenta por un inglés aspirante a bruxo onde realiza unha defensa do anarquismo como única saída real do fascismo. A outra é un compendio de malvadades e atrocidades sexuais escrita por un noble francés perseguido polos seus escándalos. Pero curiosamente Alan Moore, o místico autor de V de vendetta, puido terse inspirado na historia real do manuscrito dos 120 días de Sodoma.

O paralelismo aparece cando a protagonista da historia do comic atopa un manuscrito mentras está recluída. O manuscrito está composto por rolos de papel hixiénico unidos entre si e escritos en letra diminuta por unha lesbiana e anterior habitante da súa mesma cela, coa intención de inspirar e transmitir a súa biografía ó seguinte prisioneiro que chegase ata alí. O ambiente no que foi escrito este manuscrito é unha dictadura fascista que interna e executa a comunistas, homosexuais, xudeus, etc. E a historia é un canto á libertade, á liberación persoal e o amor universal coa frescura e cercanía propias de Alan Moore.

Pero máis de douscentos anos antes, entre o 20 de outubro e 28 de novembro de 1875, outro prisioneiro a causa da súa sexualidade escribía noutros rolos a súa propia historia, na que imaxinou un mundo ideal onde o que el cría que é a orde natural se impón. O seu autor ocultou igualmente o seu manuscrito para que no fose atopado polos seus carceleiros, pero el, ó contrario que o personaxe do inglés, non o logrou. Cando foi trasladado sen previo aviso ó manicomio de Charenton, non lle permitiron recollelo e deuno por perdido ata que foi atopado a principios do século XX polo doutor Iwan Bloch, un dos máis importantes sexólogos e defensor da abolición da criminalización das relacións homosexuais.

Igual que a lesbiana, o marqués de Sade tampouco aceptou o seu destino, e loitou contra el con todos os seus medios. A realidade nunca é tan fermosa como a literatura, e un dos medios de loita de Sade foi utilizar o tubo por onde caían as súas feces como altofalante. O ano pasado a Biblioteca Nacional de Francia pagou cinco millóns de euros por este manuscrito de once centímetros de ancho onde o marqués de Sade expresou os seus pulos e desexos máis ocultos.

portada sodoma1 portada sodoma2