Tag Archive | mercado

Amazon

Xa temos comentado por aquí a inquedanza que a algúns lles crea a plataforma de Amazon. Nós non podemos dicir que disfrutemos moito de Amazon, máis que nada porque os pequenos editores somos libres e independentes porque somos pobres. E esa pobreza impídenos aproveitar as maravillas do século XXI a prezo de coste.

Ainda así non deixa de ser un pouco desacougante que os nosos libros estean en Amazon a prezos máis baratos mesmo que os que ofrecemos nós na nosa web. Desacougante pero non ilóxico nin malvado. Non hai villano tamborilando as xemas dos dedos, tan so unha estratexia comercial consistente en cargarse ó pequeno vendedor minorista que non pode competir coa brutal baixada dos prezos. Nada que non faga calquera outra empresa co beneplácito dos produtores, mentres lle saquen os produto almacenados, ainda que eses produtores sexan editoriais e os produtos libros.

A distancia que hai entre o libro como produto de consumo ou o libro como produto cultural está percorrida hai moito tempo, sen marcha atrás posible. Laiarse pode quedar ben cando saen os datos anuais de vendas de libros, pero pouco máis. O libro vai camiño de se converter nun produto minoritario porque nós mesmos o convertemos niso. Non podemos dicir que nos pareza mal porque sabiamos o camiño e o seu final. A solución, probablemente, a teña Uxía: Se non quere comprar en Amazon, non compre, pero compre o meu libro, ho.

uxia

Anuncios

Asociación Internacional de Editores

Apareceu o informe anual da Asociación Internacional de Editores obnde se fai unha análise do mercado internacional nos últimos anos 2013 e 2014. Quizáis o máis interesante deste informe sexa a constatación que fai do dato de que o mercado da edición mova máis cartos que a música e o videoxogo xuntos.

Por outra banda, constata que a crise non é allea a nós. Os Estados Unidos manteñen o seu  nivel de vendas e o seu primeiro posto en canto a cartos do seu valor de mercado. Síguenlle China, que crece un 9%, e crecen tamén Brasil, México e Colombia. É de destacar o caso de Brasil, que chega ó décimo posto internacional en canto a valor de mercado.

Unha mágoa que esta situación no teña sido aproveitada polo mercado galego, porta de entrada natural para a literatura lusófona en Europa. Pero se non o temos feito co mercado portugués máis alá do proceso de impresión, tampouco é de estrañar esta falla.

En calquera caso, España segue a estar entre as dez potencias mundiais da edición con 1.626 libros editados por cada millón de habitantes. Quedamos lonxe dos 2.875 de Reino Unido, pero seguimos a ser o segundo pais europeo neste aspecto, o que so se sostén pola exportación ó mercado sudamericano. É de esperar que canto máis creza este mercado máis disminúa o español.

1923-fotografia-g