Tag Archive | Nós

Rosalía de Castro

Poucas cousas podemos aportar nós á figura de Rosalía. A súa inmensidade permite ainda seguir lembrando e escribindo sobre ela, principalmente porque ainda podemos seguir léndo a súa obra como se fose escrita onte. De todas as Rosalías posibles, a que nós máis disfrutamos é a riseira, a que despreza os convencionalismos e disfruta coa paixón e sensualidade das mulleres coas viviu e creceu. A que despreza ás mulleres da burguesía capitalina e a súa vida social, a que defende a súa obra, o seu traballo e o seu esforzo. E, sobre todo, aprendemos de Rosalía que non somos o noso destino, nin sequera temos que ler o papel que nos destinan. Que o alto prezo da libertade merece ser sempre pagado.

De todas as homenaxes posibles recollemos esta, da web da Real Academia Galega, aparecida na Revista Gallega, de Galo Salinas, o 22 de agosto de 1897, no 12º aniversario da súa morte. Concretamente o poema de Sofía Casanova, de novembro do ano anterior. O que lle deben mulleres como Sofía Casanova a Rosalía o sabían elas ben, que formaban unha tribo aparte, alleas a todo o que non fora o seu esforzo, sempre solitario.

24cor3new_leaves galician_songs

Anuncios

Simposio

Este xoves 20 estaremos en Compostela para asistir ao Simposio “O libro e a lectura nos medios” no auditorio do Consello da Cultura Galega. Aínda non sabemos moi ben se vai valer ou non a pena, posto que se nos deixan entrar a nós, logo a cousa non debe ser moi prestixiosa. Por outra banda, ter a ocasión de escoitar reflexionar a Gago, Pereiro e Camilo Franco antes das doce da mañán sobre a cultura nos medios xa nos anima a pensar que a cousa pode estar ben. Despois do café ainda escoitaremos a Montse Dopico, César Lorenzo, Raquel Pico, Nacho Alonso e Manuel Rodríguez, co que poderemos aforrar o proscratineo matutino dese día. Pola tarde falarán Ana Romaní, Henrique Sanfiz e Kiko Novoa antes da merenda (que, por certo, comprobo con disgusto que non vai incluida). Todos eles fan programas culturais na prensa e televisión galegas, co que a ración das queixas en terceira persoa que ouviremos pola mañán podéremolas ouvir en primeira. Despois da merenda (non incluida) falará o admirado Jaureguizar, Xesus Fraga e Carme Vidal. Os dous últimos levan o apelido de “periodista cultural”, mentras que o primeiro é periodista que fai cultura, co que supoño que será quen menos fale dos tres. O caso é que xuntar a tanta xente de tanto mérito e talento e por riba podelos escoitar gratis é unha oportunidade.

Esperemos que o próximo ano a merenda estea incluida, posto que a calidade das mesas redondas, das opinións e reflexións está garantida. Procuraremos non tuitear por riba das nosas posibiidades e aprender un pouquiño, polo menos.

10806351_796215110437133_2318466975642503168_n