Tag Archive | Pablo Morell

Presentación de Uxía coñece á súa tía

O pasado día 7 de maio presentamos na Casa del Libro o título “Uxía coñece á súa tía”, de Pablo Morell. Acudiu Ana María Castro Antonio, por parte da editorial, Eva del Pozo, escritora, e o mesmo Pablo Morell. Tivemos ocasión de descubrir o proxecto editorial que se agocha tras Uxía, de recompilación de anécdotas e vivencias de nenas e nenos galegos como medio de atraelos á lectura nunha idade de transición entre a nenez e a madurez intelectual.

uxiaPola súa banda Eva del Pozo entrevistou ó autor para achegarnos os detalles relativos á obra. Os debuxos, o proceso de elaboración, a inspiración das personaxes e situacións, deron pe á participación do público, que se animou rapidamente a opinar e preguntar abertamente sobre o libro, dende os adultos ata as nenas presentes.

En definitiva foi un acto agradable, ameno e cheo de anécdotas cos que puidemos achegarnos ó recén nacido universo de Uxía.

11255327_984558118243730_5094204778051729428_n CEbDRrQWMAAeVHZAs fotos son dos facebook persoais de Manuel López Bóveda e de César Jiménez.
Anuncios

Entrevista a Pablo Morell

Este domingo apareceu en Vigo Última Hora unha entrevista ó noso xefe, Pablo Morell. Deixámovos o enlace para que a valoredes.VIGOALDIA_LOGO_NUEVO