Tag Archive | premios

O Nobel de Dylan

Ben está que as cousas sesudas se popularicen, que caian dos pedestais e se acheguen onde vivimos os legos. Penso que isto é unha obriga pedagóxica que non desvaloriza á elevación das artes e a súa necesaria complexidade. Claro que xa postos sobre o que significa cultura popular, non se fíen do meu criterio , que dende Vargas Llosa debo confesar que non coñezo nin oín falar da metade do galardoados co Nobel de Literatura. Non sei se isto é característico do popular, da ignorancia ou simplemente da innecesaria sinceridade, descoñézoo do mesmo xeito que sigo a descoñecer a Mo Yan. Cunha irresponsable autocomplacencia

En calquera caso, ben está que os nobeles caian sobre autores chineses e bielorrusos porque son o gallo co que nos achegamos ó seu traballo, do mesmo xeito que un acaba por ler a Filgueira Valverde, Díaz de Castro ou, xa postos, a Álvarez Blázquez.

E, do mesmo xeito, non entendo que se premie a Bob Dylan e non a Phillip Roth, por citar ó chou. Non podo deixar de imaxinar que é o último grolo da dixestión da contracultura, e que o que viña polo vento vai voltar baixo terra. Ou é simplemente que pertenzo a unha xeneración que cre imprescindible o academicismo á hora de atopar recoñecemento. Algo rincha e non sei qué é.

4d9a2ce096400_DylanArticulo.jpg

Como din Os da Ría, Bob Dylan, é tío ou é tía?

I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica

Antón Risco foi fillo de Vicente Risco. Non tan coñecido como o seu pai, pero autor dunha extensa obra relacionada coa literatura fantástica e, sen dúbida, menos recoñecido do que a súa obra merece, leva o nome deste primeiro evento literario organizado pola Fundación Vicente Risco, a editorial Urco, a imprenta Sacauntos, a libraría Aira das Letras, a libraría Traga-mundos, a pastelería Fina Rei e o restaurante Pingallo.

Como non podía ser doutro xeito, levando o nome de Antón Risco, e estando organizado pola editorial Urco, o motivo do concurso é a literatura fantástica, non sendo requisito para presentar a obra a pertenza ó xénero fantástico, posto que nas bases non se inclúe. Pensamos que é un acerto por parte da organización, posto que amplia o abano de posibilidades literarias, ó tempo que é evidente a simpatía da que van gozar as obras que se poidan incluir neste xénero.

Temos confesado moitas veces o noso gusto pola literatura de xénero, polos malpocados apelidos dos que renegan tantos autores, así que non podemos deixar de mirar con simpatía este novo premio, ó tempo que voltamos gabar ós organizadores, que se por algo salientan é pola súa aberta negativa á pertencer á calquera tribo intelectual que non leve o seu propio ADN sentimental.

bases_risco_mapadebitsGL