Tag Archive | Revista Luzes

Para a fin de semana

De todo o que vai pasar no Culturgal que comeza hoxe e dura ata o domingo recomendamos que aproveiten a visita para mercar a revista Luzes, dirixida por Rivas e Pereiro, e visitalo “asesoramento espontáneo” da empresa de comunicación Ganapán. Ou mesmo poden aproveitar para atopar facilmente ese libro do que tanto ouviron falar e que non atopaban en ningures.

Nós pasearemos por alí e deixaremos os cartos en chafalladas, que para algo é unha feira.

Revista Luzes

Luzes é unha revista dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro e coordinada por Iago Martínez. Mensual e en lingua galega, con 132 páxinas, edición de calidade e un suplemento cultural no interior, República. Reportaxes, entrevistas, pensamento e creación. Historias, ideas e voces. Primeiro en papel e logo tamén para tablets. Xornalismo que conta.

O equipo da revista garante a calidade dos contidos e o interese dos mesmos. Pola nosa parte so podemos desexarlles boa sorte nesta andaina.