Tag Archive | Teresa Egerique

Trymar no Culturgal 2016

Finalmente onte ás 18:30 reunímonos Ana Castro Antonio, Eva del Pozo, Teresa Egerique e Gabriel Romero de Ávila no stand do Consello Galego de Cooperativas do Culturgal 2016.

E falamos, por suposto, que a iso iamos. Gabriel lembrou a figura de Emilio Salgari como modelo de creador prolífico e namorado do seu traballo, aventureiro e apaixonado. Teresa falou da importancia dos periodistas como interpretes da realidade e como expoñentes dun estilo literario e vital que vai máis alá do mero exercicio notarial. Eva, como os seus lectores coñecemos ben, amosou o seu gusto pola documentación e pola presentación amena e cercana destes datos enciclopédicos que manexa cunha soltura que precisa de moitas horas de esforzo. E Ana Castro fíxonos ver que a sistematización do esforzo non é nunca sinónimo de repetición ou de rutina, senon o eixe central de calquera exercicio creativo.

Compartimos experiencias, influencias e alicerces. E, q.e.d., dende o romanticismo literario máis clásico de Gabriel ata o academicismo máis técnico de Ana, dende a necesaria interpretación da actualidade de Teresa ata a búsqueda da obxectividade histórica de Eva, todos coincidiron en referentes e inquedanzas comúns.

O público que nos acompañou non so participou abertamente, senon que aportou puntos de vista que nos enriqueceron a todos e souberon poñernos no carreiro adecuado, lembrando que o resultado final de calquera traballo precisa dun público que o consuma.

Non podemos deixar de agradecer nesta crónica o imprescindible traballo de coordinación e organización realizado  no stand adicado, un ano máis, ó cooperativismo.

Anuncios

Coloquio sobre influencias creativas no proceso literario

O próximo día 4 de decembro nós tamén estaremos no Culturgal. Pero non como simples espectadores, deses que andan o domingo ás 18:30 apretados como sardiñas en lata entre os postos. Andaremos no stand do Consello de Cooperativas, como señores, falando sobre influencias literarias, o proceso creativo, a cooperación entre eidos culturais e creadores e todo o que nos dea a cabeza.

Podedes asistir non so para escoitar, se non que podedes participar, comentar e interrumpirnos canto queirades. Nós estaremos encantados de que participemos non so aqueles que nos fixeron o favor de asistir:

  • Eva del Pozo, escritora (Los fantasmas de El Pardo, La fantasma de Meirás).
  • Gabriel Romero de Ávila, escritor (La reina demonio del Río Isis, Nilidiam).
  • Teresa Egerique (concelleira no Concello de Vigo, Deputada Autonómica e coordinadora da Área de Cultura do Comité Executivo Autonómico do PP de Galicia).
  • Ana Castro Antonio (asesora de Innovación Pedagógica en la Universidad de La Salle, autora de diversas obras como “Desarrollo de Aptitudes Psicotécnicas” o “75 Años del Voto Femenino”).

Pretendemos, por medio dun coloquio aberto, descubrir as coincidencias entre os diferentes autores en canto ás influencias recebidas no momento de traballar nos seus respectivos eidos culturais. O peso que teñen o cinema, a televisión, Internet, o comic, etc. no proceso creativo e se este pode considerarse ben como un proceso cooperativo de intelixencias múltiples ou un proceso de enerxía creativa individual enxergado na tradición do autor romántico.

Os tres intervintes son da mesma xeneración pero de diferentes eidos (literatura histórica, literatura fantástica e novas tecnoloxías), polo que as súas aportacións e as súas influencias  ainda que de distintos campos terán alicerces semellantes. Ou non.

Cantos máis participemos, colaboremos e nos  divirtamos, moitísimo mellor. E, se algo sale mal, o responsable será Pablo Morell González, da Editorial Trymar.

hvkwjmn

Non sabemos porqué, nalgún momento, a alguen pareceulle boa idea incluir esta imaxe como imaxe oficial do evento.