Tag Archive | Vigo

Presentación con regalo

Este jueves 23 de febrero a las 18.30 nos reuniremos en la librería viguesa Norma Comics (Ronda de don Bosco, 22) para exorcizar los demonios de tricornio y taco fácil con el mejor conjuro posible, con literatura, amigos, aventuras de piratas, héroes y villanos, buen rollo y un montón de risas.

Vamos, que el gran Gabriel Romero de Ávila nos presentará su libro La reina demonio del Río Isis. Y puesto que ese jueves estamos a las puertas del Entroido, todo aquel que  aparecezca disfrazado de pirata, reina, soldado, etc., se llevará un fabuloso póster del libro firmado por Gabriel Romero de Ávila.

No dejéis de participar, disfrazados o no, la diversión está asegurada.

presentacion_norma

 

Anuncios

Alfonso XII y Franco vuelven a las andadas.

Entenderéis que cuando uno no tiene nada que hacer más que charlar y asustar a las visitas, muchas de estas conversaciones se queden en el tintero. El mundo pasa despacio para aquellos que están condenados a verlo pasar. Así que Franco y Alfonso XII siguen comentando todo aquello que les escandaliza, les preocupa y les atrae desde https://losfantasmasdeelpardo.wordpress.com/.

Esta vez se acuerdan de aquello que pasó el 20 y el 21 de septiembre de 1986 y que terminó con la pobre funcionaria madrileña Teresa Lozano con tres puntos de sutura en la frente. Si ya lo dice Franco, que con él estas cosas no pasaban.

escalextric

Feira do libro antigo

Na EDITORIAL TRYMAR somos moi de libro vello. Cada día estamos máis lonxe das primeiras e pomposas edicións e máis preto das de Anagrama, RTVE, Destino, Caralt ou Alianza, que caben nos petos dos abrigos os días de choiva e nos pantalóns curtos nos de praia, que teñen as follas caídas, amarelas, suliñadas e alentadas.

Non recorremos as casetas buscando un incunable, senon a terceira parte do Club Pickwick ou ese título de Guillermo que parece pedir osíxeno no fondo do caixón, o clásico que sempre estamos pensando en ler e nunca temos tempo de buscalo ou aquel outro que prestamos e que non nos devolveron e no que pensamos ás noites como no irmán que marchou a Alemaña.

Feira do libro vello e de ocasión volve co mate discreto dun feixe de días calurosos, sen sinaturas brillantes porque ninguén quere asinar un libro xa vendido e comprado, lido e prestado. So temos ata o día cinco de agosto, sen concertos nin presentacións, so libros vellos esperando que alguén os lea.

Nova web

Por fin, estrenamos web. No mesmo enderezo de sempre, co catálogo actualizado e  máis intuitiva e accesible.

Coa información actualizada e cun formato máis atractivo visualmente.

Con posiblidade de pago por paypal para facilitar as transaccións.

www.trymar.com

Non esquezades visitala e enviarnolos vosos comentarios.

 

pagina_web

 

Sete caveiras

Elena Gallego Abad acadou a poularidade grazas á saga de espada e bruxería Dragal, pero evidentemente, é unha autora cun recorrido bastante máis amplo. Mostra disto é a novela Sete Caveiras, que vai ser presentada o vindeiro 7 de febreiro na Casa do Libro de Vigo ás 20:00 horas xunto a César Jiménez, experto en comunicación corporativa.

Fotografía cerámica

Hoxe a partires das 20:30 horas vaise inaugurar unha mostra de varias pezas elaboradas o pasado ano para distintas exposicións en Vigo, Amsterdam e Zaragoza no bar Cosmos (Praza da Princesa 6). Trátase de fotografías reveladas directamente sobre placas cerámicas (aretesanas e industriais), nas que a temática refírese a lugares e elementos da cidade de Vigo, tamén ó Porto de Amsterdam, e unha homenaxe ós 400 anos da existencia dos seus famosos canais.

Estas realizadas seguindo unha antiga técnica de impresión fotográfica, a goma bicromatada sobre cerámica, que é unha técnica de relevado que comenzou a se utilizar no século XIX e que polos seus resultados moi semellantes á tinta china (polo que se lle considera unha ténica de impresión “noble”) e pola súas case infinitas posibilidades fíxose pronto moi popular. 

O Verne de Rolland

A teoría de que as mencións de Verne sobre Vigo en 100 leguas de viaxe submarino trouxeron unha morea de piratas que se acabaron por afincar nesta cidade foi ben explicada por Méndez Ferrín. Eduardo Rolland Etchevers, que é un mellores coñecedores da cidade olívica, tampouco podía deixar pasar a relación do francés con Vigo. Hoxe ás sete e media presenta no Círculo Mercantil o seu libro Verne en la bahía del tesoro xunto co alcalde Abel Caballero.

O libro está editado pola editorial Paganel, empresa editora da Sociedade Hispánica Jules Verne. Nestes tempos nos que o pensamento científico está sendo desacreditado mesmo dende as institucións que deberan defendelo, convén lembrar a Verne, quen sempre soubo atopalo enfoque preciso para cada circunstancia, dende a alegre inconsciencia do que abraza a ciencia dende o descoñecemento, ata a cínica esperanza das súas últimas obras. Sempre tivo o pulo do divulgador comprometido cun modelo de pensamento que o levou á universalidade e a formar parte do imaxinario popular, espacio no que, entre lugares comúns, pódese atopar a luz de verdade. Hoxe ás sete e media da man de Rolland.