Tag Archive | Xerais

Sete caveiras

Elena Gallego Abad acadou a poularidade grazas á saga de espada e bruxería Dragal, pero evidentemente, é unha autora cun recorrido bastante máis amplo. Mostra disto é a novela Sete Caveiras, que vai ser presentada o vindeiro 7 de febreiro na Casa do Libro de Vigo ás 20:00 horas xunto a César Jiménez, experto en comunicación corporativa.

Anuncios

O corazón da branca de neve

Mañán 19 de novembro na Casa del Libro, en Velázquez Moreno, ás 20.00 horas Francisco Castro vai presentar o seu libro O corazón da Branca da neve. Ainda que a editorial non é a mási axeitada, a obra de Castro merece ser seguida, é un tipo ameno que conta boas historias dun xeito intelixente e tranquilo. Merece a pena pasar por alí e aguantar falar a Freixanes un rato por escoitalo a el.

Manuel Gago

Onte Manuel Gago presentou o seu libro Vento e chuvia, na igrexa da Universidade de Santiago. O libro é parte dun proxeto que inclúe unha web e material de mercadotecnia. Ainda que o libro pertence ao catálogo de Xerais, non podemos deixar de reseñalo, posto que o autor e o seu traballo garanten o interese do mesmo.

Ademáis de no blog do autor podedes atopar información deste proxecto no blog da editorial e en medios como Praza Pública ou La Voz de Galicia.